Volta e dálle

  • Home
  • Volta e dálle

Volta e dálle A compañía inicia no ano 2001 unha investigación arredor da figura dos afiadores, a través da recolla etnográfica. (Sotelo Blanco, 2002).

Coa información recollida montouse un monólogo teatral protagonizado por un afiador, o espectáculo ¡Furga Garabela!. Esta peza escrita e dirixida por X.H.Rivadulla Corcón e interpretada por Pepe Penabade, foi representada en 40 ocasións, en distintos lugares de Galiza e da Península. Todo o material elaborado para esta montaxe sería reunido no libro ¡Furga Garabela! No ano 2002, tratando de levar

o personaxe do afiador ao seu espazo natural (a rúa) a compañía estrea o espectáculo Rodesindo da Barrosa, dirixido por X.H. Rivadulla Corcón e interpretado por Pepe Penabade. Con este espectáculo ten realizado máis de 120 funcións por Galiza e o resto do Estado, e segue a ser representado con éxito. En 2003, co obxecto de chamar a atención sobre a problemática medioambiental e as súas consecuencias na economía e na forma de vida mariñeiras, a compañía monta Salitre, peza escrita e dirixida por X.H. Rivadulla Corcón e interpretada por Comba Campoy e Pepe Penabade. Chegaría a representarse en 30 ocasións. Do mesmo xeito que co anterior espectáculo, o texto desta obra foi publicado pola editorial Sotelo Blanco. No 2004 Volta e Dálle estrea o espectáculo de rúa Peccata Minuta, escrito e dirixido por Lucho Penabade e interpretado por Comba Campoy e Pepe Penabade. En clave satírica, a peza amosa o percorrido dun bispo da Idade Media polas rúas da vila cun confesionario móbil, buscando almas ás que confesar. A compañía leva realizadas con este espectáculo máis de 30 funcións en feiras e festas medievais. O mesmo ano a compañía coproduce con Produccións Dedentro o espectáculo
Jalisia ¡Mi Madriña!, escrito e dirixido por Nazaret López e interpretado por Comba Campoy e Pepe Penabade. A viaxe dun moteiro rural e unha rapaza urbanita e ecoloxista con inquedanzas existenciais conseguiu xerar a identificación dun público moi variado, tal e como se puido comprobar ao longo das súas 40 funcións. No ano 2007 a compañía acada unha axuda da AGADIC para a produción de PAN (Catro propostas arredor da malla), un espectáculo de catro actos escritos e dirixidos por Nazaret López, Carlos Santiago, Lucho Penabade e Rivadulla Corcón, respectivamente, e coa dirección coreográfica de Branca Novoneyra. Con este espectáculo, a compañía afonda no seu achegamento ao problema da morte do rural, desde a ollada de cada un dos autores e xogando con distintas linguaxes escénicas. Cinco actores en escena (Pepe Penabade, María Lado, Alfonso Romeu, Luis Iglesia e Comba Campoy) e os músicos Mini e Mero, que interpretan distintas pezas en directo, fixeron de PAN un espectáculo que percorreu con éxito o país ao longo de máis de 40 actuacións en teatros e prazas galegas. Unha vez máis, o video e o texto do espectáculo tiveron a súa plasmación nun libro-DVD editado por Sotelo Blanco.

LETRAS GALEGAS TODOS OS DÍAS DO ANO!
17/05/2026

LETRAS GALEGAS TODOS OS DÍAS DO ANO!

23/04/2026

O Vicedo, 23 de abril, 2026. Barriga Verde, o espectáculo de monicreques que percorreu Galicia durante boa parte do século XX e que forma parte da memoria colectiva de xeracións de galegas e galegos, chega este sábado ao Teatro das Cortes do lugar do Xestoso de Cabanas, O Vicedo. A xornada incl....

Como o 25 de abril é un día tan especial.... Aparte do que está no cartaz, pode haber algunha sorpresa!
22/04/2026

Como o 25 de abril é un día tan especial.... Aparte do que está no cartaz, pode haber algunha sorpresa!

O vindeiro sábado traede algo que contarlle ao porco de pedra dos Andrade
22/11/2025

O vindeiro sábado traede algo que contarlle ao porco de pedra dos Andrade

O VINDEIRO SÁBADO NO TEATRO DAS CORTES
05/11/2025

O VINDEIRO SÁBADO NO TEATRO DAS CORTES

Isabel Risco volve meterse na pel da súa personaxe máis coñecida e querida: Nabiza Girl. Desta volta, a nosa superheroína enfróntase a un dos seus maiores retos, combater a desaparición progresiva da cultura galega. Conseguirá, cos seus superpoderes e unha gran dose de retranca, vencer ás fo...

02/11/2025

O VINDEIRO SÁBADO

28/10/2025
15/10/2025

Teremos programación no Teatro das cortes o vindeiro 8 de novembro

Address


Alerts

Be the first to know and let us send you an email when Volta e dálle posts news and promotions. Your email address will not be used for any other purpose, and you can unsubscribe at any time.

Contact The Club

Send a message to Volta e dálle:

  • Want your club to be the top-listed Nightclub?

Share