GÁLIX - Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

GÁLIX - Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil GÁLIX é a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil. Descubre máis en http://www.galix.org. Máis información en http://www.galix.org/p/que-e-galix.html

GÁLIX é a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, unha asociación sen ánimo de lucro que dende 1989 se move por visibilizar e promover a cultura e a lingua galegas a través da literatura infantil e xuvenil. GÁLIX é a sección galega da OEPLI, a Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil, formada por catro seccións. As outras tres son: a castelá, Consejo General del Libro Infantil y Juvenil; a catalana, CLIJCAT, Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil, e a éuscara, Galtzagorri Elkartea.

Esta semana recomendamos desde GÁLIX no Diario Cultural da Radio Galega as tres obras que acaba de publicar a nosa socia...
18/10/2026

Esta semana recomendamos desde GÁLIX no Diario Cultural da Radio Galega as tres obras que acaba de publicar a nosa socia Ledicia Costas para a mocidade e a cativada, da man de XERAIS:

-'Soños de Lunaria. Coroa de espiño', con estética de Iván R., a primeira obra de cantos tintados do sistema literario galego e unha combinación de romantasy, battle royale e distopía.

-'Zodiakids' 1 (O poder das estrelas) e 2 (Lúa de sangue), os dous primeiros volumes dunha nova saga infantil que ilustra na súa edición en galego a nosa socia Paula Cheshire.

https://www.agalegaaudio.gal/videos/415826-diario-cultural-fin-de-semana-18-10-2026

Cada semana novas recomendacións da nosa LIX galega!

Unha semana de grandes alegrías para Espazo Lectura e, consecuentemente, para a LIX galega!!!
18/10/2026

Unha semana de grandes alegrías para Espazo Lectura e, consecuentemente, para a LIX galega!!!

17/10/2026

Cada día un autor, un libro...
CARLOS LABRAÑA
A biblioteca galáctica contra a IA fantástica
ILUSTRACIÓNS MARA MÉNDEZ
Ataúlfo, o rato que coida da Biblioteca Galáctica, descobre que unha ameaza se torna sobre os personaxes dos libros infantís dos seus andeis. Nunha loita contra o reloxo, o rato bibliotecario, Ramón Lamote e Sara deberán loitar contra o malvado profesor Smith e a súa IA fantástica para liberar os seus amigos Toribio, Espantallo Amigo e Lobo Namorado da súa maléfica influencia.

Da man de Galaxia (Falamos de Libros), sumamos as súas últimas novidades á Biblioteca GÁLIX. Trátase de:-'Bego e o mundo...
17/10/2026

Da man de Galaxia (Falamos de Libros), sumamos as súas últimas novidades á Biblioteca GÁLIX. Trátase de:

-'Bego e o mundo do revés', da nosa socia Iria Collazo López.

-'Paio e o Gatipedro', de Milagros Torrado Cespón e Laura Pérez Delgado, obra que gañou o Premio Alberte Quiñoi de álbum ilustrado 2026.

-'Un mar de curiosidades', de Javier García Galdo.

Novas propostas para lecturas do máis interesantes neste outono.

Podedes consultar as obras que van conformando a Biblioteca GÁLIX na nosa web: https://galix.gal/biblioteca/

17/10/2026

🏅 O xurado dos acaba de resolver as e os galardoados

Parabéns! 👏

📚 María Solar
🎨 Almudena Fernández Fariña
🎭 Compañía Elefante Elegante
🎼 Asociación Galega de Empresas Musicais
🎬 Alfonso Zarauza
🗣️ Espazo Lectura
🏛️ Obradoiro Gaitas Seivane
🌍 Festival EmigraSONS

17/10/2026

A Xunta distingue oito persoas e entidades pola súa traxectoria e contribución en ámbitos como as letras, as artes escénicas, a música, o audiovisual, a ling...

17/10/2026

Pernascochas está camiño ás librarías!

Unha nova edición de Pernascochas (xa a 4ª), de Ramón D. Veiga e , a obra gañadora do I certame Jaime Olmedo Limeses, organizado por Avigal e Antela Editorial.

Con máis de 3500 exemplares vendidos, esta historia está a encher Galicia de bos momentos e historias.

Se aínda non o liches, é o momento de buscalo na túa libraría de confianza. E se xa o fixeches, cóntanos que che pareceu, como xa fixeron centos de rapaces e rapazas galegos.

16/10/2026
16/10/2026

Cada 16 de outubro conmemórase o Día Mundial do Pan, unha data ideal para lermos A PANADERÍA. Lucía Belarte e David Lorenzo -artesáns da palabra e do lapis- son os autores do texto e das ilustracións, respectivamente, deste relato que nos envolve no aroma apetitoso deste alimento esencial; unha historia que sabe a resiliencia e superación, a solidariedade e integración.
A PANADERÍA foi distinguido co Premio Follas Novas do Libro Galego 2026 na categoría de ilustración, e forma parte da selección Los Mejores Libros para Niños y Jóvenes 2026 do Banco do Libro de Venezuela. Ademais, figura na "Selección OEPLI 2025" por designación directa de GÁLIX e mais na 41ª Mostra do Libro Infantil e Xuvenil da Comunidade de Madrid.
🐺 https://tinyurl.com/APanaderiaKLK
David Lorenzo Illustration El Atelier GÁLIX - Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil

Dirección

Santiago De Compostela
15707

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando GÁLIX - Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a GÁLIX - Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil:

Atajos

Compartir