Lar de Torrenovaes

Llamar Cómo llegar Contactar con la empresa

Lar de Torrenovaes Lar de Torrenovaes, Quiroga (Lugo)

Este sábado 19 de setembro, Quiroga volve encherse de BTT 🚵💨 So quedan 15 dorsais!!E para quen aínda estea pensando en a...
15/09/2026

Este sábado 19 de setembro, Quiroga volve encherse de BTT 🚵💨 So quedan 15 dorsais!!

E para quen aínda estea pensando en animarse a última hora, en Lar de Torrenovaes temos A Casa da Nena dispoñible desde o propio sábado 19, estando a só 2,5 km de Quiroga. 🏡

Así que xa sabedes… aínda quedan dorsais e tamén onde descansar despois da proba! 😉

Moita sorte a todos os participantes e vémonos en Quiroga! 💪

👉 Toda a información e inscricións na publicación orixinal da Quiroga Bike Marathon.

Lar de Torrenovaes – A Casa da Nena
VUT-LU-004884

🎁🔥 QUEDAN SÓ 15 DORSAIS PARA A QBM’26!

A Quiroga Bike Marathon está cada vez máis preto e entramos na recta final das inscricións. Se aínda o estás pensando, este é o momento: non quedes sen o teu dorsal! 🚵‍♀️🚵‍♂️

🙏 Queremos agradecer expresamente ao Concello de Quiroga e á Vicepresidencia da Deputación de Lugo, Vicepresidencia. Deputación de Lugo , o seu financiamento e apoio, fundamentais para facer posible esta edición.

Tamén agradecemos a colaboración de Xeoparque Montañas do Courel , VALWINDCYCLES , Biciracing Monforte , Aliviflex Gel , X Sauce e Deporte Quirogués . Grazas por acompañarnos nesta aventura!

📲 Comparte esta publicación e axúdanos a chegar a todas as persoas amantes da BTT!

🌐 www.quirogabikemarathon.com

————————————————————

🎁🔥 ¡SOLO QUEDAN 15 DORSALES PARA LA QBM’26!

La Quiroga Bike Marathon está cada vez más cerca y entramos en la recta final de las inscripciones. Si todavía te lo estás pensando, este es el momento: ¡no te quedes sin tu dorsal! 🚵‍♀️🚵‍♂️

🙏 Queremos agradecer expresamente al Concello de Quiroga y a la Vicepresidencia de la Diputación de Lugo, Vicepresidencia. Deputación de Lugo , su financiación y apoyo, fundamentales para hacer posible esta edición.

Tamén agradecemos a colaboración de Xeoparque Montañas do Courel , VALWINDCYCLES , Biciracing Monforte , Aliviflex Gel , X Sauce e Deporte Quirogués . Grazas por acompañarnos nesta aventura!

📲 ¡Comparte esta publicación y ayúdanos a llegar a todas las personas amantes del MTB!

🌐 www.quirogabikemarathon.com

**RESERVADO**⚔️ Este sábado, Quiroga volve á época castrexo-romana co Qui-Roma!Se aínda non tes onde quedar, temos A Cas...
17/08/2026

**RESERVADO**

⚔️ Este sábado, Quiroga volve á época castrexo-romana co Qui-Roma!

Se aínda non tes onde quedar, temos A Casa da Nena dispoñible esta fin de semana 🏡❤️

📍 Estamos en Os Novaes, a só 2,5 km de Quiroga, moi preto da festa pero coa tranquilidade da aldea.

🛏️ Ideal para 2 persoas, con capacidade ata 4.

😴 E ao día seguinte, sen présas! Ofrecemos saída tardía, para descansar ben despois da festa ou aproveitar o domingo para seguir descubrindo a zona. 🌿

📲 Reserva directa:
669 50 56 33
659 229 842

Lar de Torrenovaes – A Casa da Nena
Nº rexistro: VUT-LU-004884

Rematou a feira… e só queda dar as grazas 🫂Grazas a todas as persoas que vos achegastes a coñecer e probar o noso aceite...
15/03/2026

Rematou a feira… e só queda dar as grazas 🫂
Grazas a todas as persoas que vos achegastes a coñecer e probar o noso aceite 🫒

Seguimos traballando dende Os Novaes! 🏰

🫒🫒🫒
15/03/2026

🫒🫒🫒

Chega a fin de semana máis esperada polos amantes do aceite.Quiroga celebra a XXVI Mostra do Aceite, dous días dedicados...
14/03/2026

Chega a fin de semana máis esperada polos amantes do aceite.

Quiroga celebra a XXVI Mostra do Aceite, dous días dedicados a poñer en valor o noso aceite de oliva, a tradición olivícola da comarca e o traballo dos colleiteiros.

Charlas, degustacións, gastronomía e actividades arredor dun produto que forma parte da identidade desta terra.

📅 14 e 15 de marzo
📍 Praza do Auditorio – Quiroga

🫒 Dous días para descubrir, aprender e saborear o aceite de .

A gastronomía tamén será protagonista na XXVI Mostra do Aceite de Quiroga.O sábado pola noite celebrarase a cea cóctel “...
13/03/2026

A gastronomía tamén será protagonista na XXVI Mostra do Aceite de Quiroga.

O sábado pola noite celebrarase a cea cóctel “Os sabores que medran aquí”, unha proposta culinaria na que o aceite de Quiroga será o fío condutor.

Os pratos estarán elaborados polos chefs Eloy Cancela e K**e Piñeiro (A Horta do Obradoiro) e Iván Méndez (Tabalu Food&Tech), nunha experiencia gastronómica que contará ademais coa música do violinista Marcos Valcárcel.

🫒 Un encontro para saborear o noso produto dunha maneira diferente.

📅 Sábado 14 de marzo
🕗 20:00 h
📍 Recinto da Mostra – Praza do Auditorio

🎟 Entradas á venda na Oficina de Turismo e desde dúas horas antes no recinto.
Prazas limitadas.

A XXVI Mostra do Aceite de Quiroga comeza a quentar motores.Este sábado pola tarde terá lugar o III Congreso arredor do ...
12/03/2026

A XXVI Mostra do Aceite de Quiroga comeza a quentar motores.

Este sábado pola tarde terá lugar o III Congreso arredor do Aceite de Oliva de Quiroga, un espazo para coñecer mellor o noso aceite, o seu potencial e o traballo que hai detrás de cada colleita.

Tres relatorios que afondarán na realidade das oliveiras en Galicia, na investigación arredor das variedades autóctonas e nas propiedades saudables do aceite de oliva galego.

🫒 Un encontro para aprender, compartir e seguir poñendo en valor un produto que forma parte da nosa terra.

📍 Auditorio Municipal de Quiroga
📅 Sábado 14 de marzo
🕔 A partir das 17:00 h

Quiroga prepárase para unha fin de semana arredor do aceite 😊

✨ A XXVI Mostra do Aceite de Quiroga medraEste ano a Mostra amplía a súa celebración e os postos de venda abrirán tamén ...
27/02/2026

✨ A XXVI Mostra do Aceite de Quiroga medra

Este ano a Mostra amplía a súa celebración e os postos de venda abrirán tamén o sábado pola tarde, ademais da xornada do domingo.
Serán dous días adicados ao noso Aceite de Oliva Virxe Extra, ao traballo dos olivicultores e a un produto que forma parte da nosa identidade e da nosa paisaxe.

O horario do sábado anunciarase proximamente.

🗓 14 e 15 de marzo
📍 Praza do Auditorio Municipal

23/02/2026

A XXVI Mostra do Aceite reunirá congresos, catas, gastronomía e a posta en funcionamento do muiño de Bendilló, os días 14 e 15 de marzo cun programa pen...

🌿✨ O noso AOVE estará presente, un ano máis, na XXVI Mostra do Aceite de Quiroga Son xa moitas edicións formando parte d...
19/02/2026

🌿✨ O noso AOVE estará presente, un ano máis, na XXVI Mostra do Aceite de Quiroga

Son xa moitas edicións formando parte desta cita tan especial para nós. A Mostra non é só un evento: é o momento de compartir o traballo silencioso de todo un ano.

A nosa é unha produción limitada, coidada oliveira a oliveira, colleita a colleita. Cada litro leva detrás tempo, dedicación e moito respecto pola terra.

O noso aceite estará presente no posto de venda e tamén nas catas e demostracións de cociña da fin de semana. É un orgullo que o aceite feito aquí, en pequena escala pero con grande compromiso, forme parte deste encontro que pon en valor o AOVE de Quiroga.

Grazas por apoiar o produto local e ás pequenas producións que manteñen viva esta tradición 💚

Vémonos o 14 e 15 de marzo!!

Dirección

Quiroga

Teléfono

659229842

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Lar de Torrenovaes publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Lar de Torrenovaes:

Atajos

Compartir