02/09/2026
🎨 Teresa González e Toña Somoza presentan «Universos Cromáticos», unha exposición de pintura que poderá visitarse durante o mes de setembro na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler.
📅 A inauguración terá lugar este venres, 4 de setembro, ás 20.30 horas, coa participación da concelleira de Cultura, Patricia Lojo. Manuel Teira será o encargado de presentar o acto, que contará tamén coa colaboración do grupo de música tradicional Xiada.
🖼️ A proposta reúne o traballo de dúas artistas con linguaxes propias e un percorrido marcado pola dedicación e a paixón pola arte.
Unha nova proposta cultural para achegarse á creación artística na Pobra.