09/12/2025
BOS DÍAS TASQUEIR@S!!!!
Con moita pena 😢 anunciamos que chegou o día en que imos pechar esta Tasca que tan bos momentos nos deu ao largo destes nove anos nos que houbo un pouco de todo: festas temáticas, aniversarios, samaín, entroidos, navidades , cumpreanos, exposicións ... pero sobre todo moitas, moitas risas😂😂😂 , moito cariño💞 e como non, moitísimo guitarreo🎸🎵🎵🎵!!!
Ímolo celebrar cunha festa de despedida o sábado 13 de decembro con horario especial !!!! Esperamos que teñades un ratiño para pasarvos por aquí e si vos apetece traer algo navideño, un gorro, unha diadema...
Agradecervos a tod@s os que nos acompañastes neste tempo, e queremos facer unha mención especial aos nosos artistas particulares, Mónica G. Robla por tantos fotocols e Nacho Niño Ricoy o xefe do "Colectivo Aguieira" a quen lle debemos tantísimos murais.
Non podemos nombrar a todos os que nos botastes unha man para sacar isto adiante... lévovos no ❤ !!!!!!!!
E xa sabedes... VÉMONOS NOS BARES !!!!!!!!!!!