20/09/2026
Comezamos temporada!
Foron moitas as lecturas das que gozamos neste verán recén rematado e estamos desexando poñelas en común. Falar, rir, enriquecernos do resto de lectoras e lectores…crear intres de felicidade arredor das letras e das liñas.
Para comezar esta nova temporada decidimos ler As tolas que non o eran e A noite das cebolas. Sen dúbida, dúas lecturas que nos darán moito que falar: as inxustizas, o patriarcado, a morte, a loucura, a enfermidade, a soidade, o abandono…un sinfín de angustias sociais que lles afectaron e afectan, sobre todo, ás mulleres de onte e de hoxe.
Se che gusta ler, g***r da conversa, rir, empatizar, aprender…e non formas parte do noso club podes achegarte cando che apeteza. Terás a nosa mellor acollida.
Vémonos o sábado!