12/06/2017
ROGAMOS QUE COMPARTADES:
Comunicado de todos os membros da comisión de Festas de Carnota:
Querida xente, por motivos persoais e laborais, as persoas que actualmente formamos a comisión non podemos seguir adiante exercendo os cargos. Así, decidimos comunicalo ca esperanza de que novas persoas teñan a ilusión por coller o relevo e facer posíbeis as nosas festas. Animádevos, coma no seu día fixemos nós.
Para calquera consulta sobre o tema, podédesnos falar por privado. Unicamente se contestará nesta páxina. Do mesmo modo, e de haber un grupo de persoas dispostas a formar unha nova comisión, realizarase unha reunión xunto cos membros da comisión actual para toda a información que se precise.
Finalizar isto dando as grazas a todas as persoas que nos acompañaron na nosa pequena andaina, e a aquelas que gozaron da nosa festa. Estamos orgullos@s de saber que puidemos levar todo adiante a pesar de ser uns completos novatos co tema e de todos os problemas que se nos puxeron no camiño.
Moitas grazas de novo a tod@s.