Obradoiro de Gaitas Seivane

Obradoiro de Gaitas Seivane Artesáns de gaitas dende 1939. Gaitas´ Luthiers since 1939. Falar hoxe de Seivane é falar de esmero, capacidade, competencia e precisión.

O Obradoiro de Gaitas Seivane é a primeira empresa galega na construción, comercialización e exportación de gaitas. A experiencia de máis de 80 anos e a súa aposta pola tecnoloxía moderna, desde o respecto á tradición, aseguran o máis alto grao de calidade en todos os seus produtos. Dicir Seivane é dicir compromiso coa música, compromiso con Galicia. Xosé Manuel Seivane funda unha das sagas de art

esáns e músicos máis prestixiosa do país. A súa actividade no taller da Ribeira de Piquín (Lugo), converteuno nunha lenda en vida. Os seus fillos, Álvaro e Xosé Manuel, actualmente no seu taller de Cambre (A Coruña), toman o relevo do seu pai, acadando a excelencia na construción de gaitas e sendo artífices directos da evolución e mellora do instrumento.

----

The Obradoiro de Gaitas Seivane is the best Galician firm when it comes to the production, commercialisation and export of gaitas. The experience of more than 80 years and our commitment to modern technology, whilst respecting tradition, assure the very highest quality in all their products. Talking about Seivane today is to talk about elegance, ability, competence and precision. To say Seivane is to say commitment to music, commitment to Galicia. Xosé Manuel Seivane founds one of the most prestigious artisans and musicians sagas in the country. His activity in Ribeira de Piquín workshop (Lugo), made him a legend in life. His sons Álvaro and Xosé Manuel, currently in their workshop in Cambre (A Coruña), take over from their father, achieving the excellence in the construction of gaitas and being direct architects of the evolution and improvement of the instrument.

Grande Rafa!!! Orgullosos de ti❤️ Rafa Carracedo
29/05/2026

Grande Rafa!!! Orgullosos de ti❤️ Rafa Carracedo

Seivane busca persoal para incorporación inmediata. Se tes titulación e coñecementos en madeira, tornería, deseño técnic...
22/05/2026

Seivane busca persoal para incorporación inmediata. Se tes titulación e coñecementos en madeira, tornería, deseño técnico industrial, técnicas aditivas, informática ou mecánica, queremos coñecerte!! Manda o teu CV a [email protected] 🤗
Concello de Cambre

Aquí algunhas fotiños da visita escolar do Instituto Rafael Puga Ramón, da Coruña, ata a próxima compañeiros, seguide as...
21/05/2026

Aquí algunhas fotiños da visita escolar do Instituto Rafael Puga Ramón, da Coruña, ata a próxima compañeiros, seguide así!!!😁

21/05/2026

Hoxe tivemos a visita dos alumnos de música do IES Rafael Puga Ramón da Coruña, coas súas profesoras Luisa e Raquel, algúns pertencentes a agrupacións musicais tradicionais da contorna, cómo nos gusta cando son eles, neste caso elas, as que tocan. Mirade o que improvisaron. Un pracer tervos hoxe aquí, moita sorte!!! Qué marabilla!! BRAVO, PANDERETEIRAS 👏👏👏👏👏

19/05/2026

O 14 de maio o Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo celebrou o seu 125 aniversario cunha homenaxe a Kepa Junkera. Dende aquí, sumámonos a esa celebración, noraboa amigos!! Cgbb Barakaldo

🌹Acércase o 17 de maio. "¡O noso idioma! O que falaron nosos pais e vamos esquecendo, o que falan os aldeáns e nos hacha...
15/05/2026

🌹Acércase o 17 de maio. "¡O noso idioma! O que falaron nosos pais e vamos esquecendo, o que falan os aldeáns e nos hachamos a ponto de non entendelo; aquel en que cantaron reis e trovadores; o que, fillo maior da pátrea galega, nola conservou e conserva coma un don da providencia; o que aínda ten os nosos labres, as dozuras eternas e acentos que van ó corazón; o que agora oídes coma si fose un himno relixioso, o hermoso, o nobre idioma que do outro lado dese río é lengua oficial que sirve a máis de vinte millóns de homes e ten unha literatura representada polos nomes gloriosos de Camões e Vieira, de Garret e de Herculano, o galego, en fin, que é o que nos da dereito á enteira posesión da terra en que fomos nados, que nos di que pois que somos un povo distinto debemos sabelo; que nos pormete o porvir que procuramos, e nos da a certeza de que ha de ser fecundo en bens pra nós todos. Nel coma un vaso sagrado en que se axuntan tódolos perfumes, háchanse os principais elementos da nosa nacionalidade, de novo negada e aínda máis, escarnecida. Doulle o celta a súa dozura e a maior parte do seu vocabulario; o romano afirmouno, ten dos suevos as inflexións, do noso corazón o acento afalagador, e os brandos sonos e os sentimentos das razas célticas. Un tanto femeninos, é certo, pro que se tempran no valor heroico dos seus fillos. Léngoa distinta acusa distinta nacionalidade. Digámolo nós tamén, se nos compre con maior firmeza aínda, e poñamos de nós o que faga falla, pra que sea pra sempre". Manuel Murguía, discurso lido nos Xogos Florais de Tui, 1891.
Feliz Día das
Na imaxe do libro desta compilación está a foto de Manuel Murguía e a súa muller Rosalía de Castro, dous grandes da nosa literatura🌹.

24/04/2026

🤪 Estamos de resaca emocional, dixerindo todo o vivido onte no obradoiro, GRAZAS ❤ Templarios del Oza 🌿 Jorge Prada Merayo 🌿 Susana Seivane 🌿

🤪Nosa naiciña querida!! A que se montou onte aquí con Templarios del Oza de Toral de Merayo, Ponferrada, León, qué boa x...
24/04/2026

🤪Nosa naiciña querida!! A que se montou onte aquí con Templarios del Oza de Toral de Merayo, Ponferrada, León, qué boa xente encabezada por Jorge Prada Merayo, unha das visitas máis especiais que vivimos ata a data!!! Porque eles non poden selo máis e porque ese día o merecía... Un día que queda para sempre no noso recordo, moitísimas grazas por tanto cariño recibido a todos e cada un de vós, sodes ouro!!!! ❤

😍Qué vos parece esta fermosura? Gaita en Dó, madeira de Monzo, anelada en Seinox, ocasionalmente dispoñible para a entre...
14/04/2026

😍Qué vos parece esta fermosura? Gaita en Dó, madeira de Monzo, anelada en Seinox, ocasionalmente dispoñible para a entrega inmediata.

O luns viñeron visitarnos parte desta familia musical formada por Jhonathan Ferreira Vázquez, Iván Rodríguez Esteban, Ví...
08/04/2026

O luns viñeron visitarnos parte desta familia musical formada por Jhonathan Ferreira Vázquez, Iván Rodríguez Esteban, Víctor Luis Bouzas Rodríguez, Carla González Rodríguez e Mª Carmen Gómez Soengas. Animáronse e probaron as últimas novidades, como a gaita Subtónica ou a Gaita 4D. Repetiremos esta foto nuns meses coas súas novas gaitas nas mans 😍 Unha aperta xigante, familia!! 🤗

Dirección

Lugar Volteiro, 1B/Cecebre
Cambre
15650

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 13:30
15:30 - 19:00
Martes 09:00 - 13:30
15:30 - 19:00
Miércoles 09:00 - 13:30
15:30 - 19:00
Jueves 09:00 - 13:30
15:30 - 19:00
Viernes 09:00 - 13:30
15:30 - 19:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Obradoiro de Gaitas Seivane publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir